Traballa en equipo e axuda a adaptar o noso tecido empresarial a unha nova realidade

Involucramos empresas tecnolóxicas, universidades e persoas innovadoras nun hackathon para atoparlles solucións aos problemas derivados da crise sanitaria

A crise xerada pola aparición do coronavirus creou un novo contexto social que nos obriga a repensar o xeito de relacionarnos, tanto no ámbito privado coma no público. Este novo contexto tamén lle afecta ao noso tecido empresarial, que precisa novas ideas para adaptarse e garantir a seguridade das persoas.

COMO O IMOS ACADAR?

RESOLVENDO CINCO RETOS

Os proxectos que se presenten deben darlles unha resposta innovadora e tecnolóxica aos cinco retos principais propostos polas empresas e organismos colaboradores do hackathon.

DO 27 AL 30 DE XUÑO

Catro días de traballo intenso en remoto xunto con actividades paralelas online e o pitching final de proxectos.

TERÁS APOIO!

Os proxectos serán valorados por un comité de expertos. Os tres mellores terán un apoio económico de 1.000 € e un seguimiento específico durante 6 meses por parte das institucións participantes no hackathon.

QUE PROPOÑEMOS PARA ACADALO?

Desde a Xunta de Galicia propoñemos unir, de xeito remoto, persoas de diferentes ámbitos relacionados coa tecnoloxía para desenvolver ideas innovadoras e así axudarlle á industria, ao comercio e ao emprego a construír unha nova realidade.

Por este motivo, nace en Galicia o primeiro hackathon virtual que involucra a estudantes e a proferionais da programación, da investigación, do deseño... En definitiva, a calquera persoa que crea que traballando en grupo e colaborando podemos chegar a pensar e comezar a construír solucións tanto físicas coma dixitais para afrontar os cambios que temos por diante.

QUE É #HACKatHOME?

Coñece a dinámica do primeiro hackathon online de Galicia

#TEAMS

Aínda que poderás presentarte tanto individualmente como en grupo todos os participantes formarán equipos de traballo para realizar os proxectos.

Todas las ilustraciones web mismo tamaño-01.svg
02 goals.svg

#GOALS

Propoñemos cinco retos aos que atopar solucións que poden ser tanto físicas coma dixitais.

#TIMING

Teredes catro días completos de traballo intensivo do 27 ao 30 de xuño para desenvolver os vosos proxectos, que deberedes presentar en público nun pitching final.

Todas las ilustraciones web mismo tamaño-03.svg
Todas las ilustraciones web mismo tamaño-04.svg

#MASTERS

Teredes axuda dun equipo de mentores que vos asesorarán sobre as liñas xerais dos vosos proxectos e tamén nos detalles técnicos.

#EVENTS

Paralelamente ao hackathon haberá una serie de mini eventos onde poderedes atopar inspiración para o voso traballo.

Todas las ilustraciones web mismo tamaño-05.svg
Todas las ilustraciones web mismo tamaño-06.svg

#AWARDS

Os tres mellores proxectos terán un apoio económico de 1.000 € e poderán continuar o seu desenvolvemento durante os seguintes 6 meses co apoio das empresas participantes.

COMO É O PROCESO?

(en desenvolvemento)

DESCARGA AS BASES DO #HACKatHOME

RETOS

O tecido empresarial galego definiu cinco retos para afrontar a nova realidade provocada pola aparición do coronavirus. Se tes unha idea que poda axudar a solucionar algún destos retos, esta é a oportunidade de transformar esa idea nun prototipo viable.

Non existe ningún límite en tanto a ideas ou uso de tecnoloxías.*

Reto 1. Solucións “Low touch”

Reto 2. Repensando a venda ao público

Reto 3. Traballo en remoto

Reto 4. Unha industria máis local

Reto 5. Un novo concepto de equipo

Lembra que terás que transformar esa idea nun prototipo mínimo viable durante catro xornadas intensivas de traballo entre o 27 e o 30 de xuño.

Os mellores prototipos terán a oportunidade de converterse en realidade seguindo o desenvolvemento co apoio das empresas colaboradoras.

*Poden ser propostas de aplicación de hardware, prototipos de software, propostas de redefinición de metodoloxías ou calquera proxecto que consideres que poida axudar. Para desenvolver as propostas hai liberdade de uso de aplicacions de software, tecnoloxías móbiles, realidade aumentada, xeolocalización, machine learning, intelixencia artificial, robótica, blockchain, internet das cousas, etc.

DESCARGA AS BASES DO #HACKatHOME

CALENDARIO DE ACTIVIDADES PARALELAS

Organiza

Entidades colaboradoras

Clusters

Empresas

Centros de coñecemento e universidades

Centros tecnolóxicos

Outras organizacións e axentes

Permanece atento: estamos a ampliar o noso ecosistema de colaboradores con novas empresas, clusters e institucións!