CÓDIGO DE CONDUTA

O Hackathon virtual adoptou un código de boa conduta para asegurar un espazo virtual seguro de interacción onde todas as persoas participantes no proxecto poidan achegar e medrar nun ambiente aberto, construtivo e respectuoso.

  • Respecta: nun proxecto deste tamaño, inevitablemente haberá persoas coas que non estarás dacordo ou con quen che resulte difícil cooperar. Acéptao e, aínda así, sé sempre respectuoso. O desacordo non é excusa para un comportamento pobre ou con ataques persoais e unha comunidade onde a xente se sinta ameazada non é unha comunidade sa.

    Das persoas participantes a quen se lles pida que deixen de comportarse dun xeito que poida considerarse inapropiado, agárdase que o cumpran inmediatamente.

  • Colabora: #Hackathome é un proxecto de colaboración. Sempre hai algo que aprender. É bo pedir axuda se a precisas e axudarlles aos compañeiros e compañeiras, se cres que podes achegar algo.

  • Sé conciso: pensa que o que escribes será público. Intenta non saír dos temas de conversa, especialmente en fíos que xa sexan bastante longos.

  • En caso de problemas: xa sexa mediante unha mensaxe pública ou privada, débese respectar este código de conduta; en particular, evitando ser abusivo o irrespectuoso cos teus compañeiros e compañeiras. Asume boa fe nos demais.

Agardamos que as persoas participantes sigan estas regras de comportamento durante todo o evento, non só nos momentos da competición senón tamén durante as conferencias, desde o momento da inscrición ata a entrega de premios e despedida.

Desde #Hackathome reservamos o dereito de inhabilitar temporal ou permanentemente a comunicación por calquera dos medios proporcionados polo #HackatHome ás persoas participantes que incumpran gravemente este código ou que reincidan nunha actitude inadecuada.

As queixas deben dirixirse mediante unha mensaxe privada aos administradores de comunicación do #Hackathhome ou no seguinte mail: hola@hackathome.gal

Grazas a todos e todas!